Con D de arte. Unha ollada infantil á colección de Afundación máis contemporánea

Esta é unha exposición de arte contemporánea na que se propón un paseo cheo de sorpresas. Está formada por obras da colección de Afundación de 1960 a 2011 con significados abertos. Cun deseño expositivo adaptado á infancia, este é un proxecto de educación nas artes e tamén a través da arte,pois as obras contemporáneas permiten afondar noutros temas como a igualdade, a diversidade ou o medio ambiente. Á súa vez é unha boa plataforma para alfabetizar visualmente aos novos membros dunha sociedade mergullada en imaxes que ás veces son difíciles de xestionar.
A arte contemporánea, pola súa capacidade para mediar entre artista e espectador, interpela ao receptor de xeito directo, estimulando a imaxinación e motivando reflexións que enriquecen a formación da persoa.

 

 

Lugar: Café Moderno Afundación, Praza de San Xosé, 3 Pontevedra

Datas: do 23 de outubro ao 11 de xaneiro

Horario: de luns a venres de 17.30 a 20.30 h

sábados de 11.00 a 14.00 h e de 17.30 a 20.30 h

domingos e festivos, pechado